Tributación dos excesos de adxudicación
Contido principal do artigo
							Publicada: Xul 11, 2025
						
																			
						Páxinas: 147-186
					
								
						Número: Núm. 68 (2024)
				
					
															
				
								
			
			
			
							Resumo
						
						O estudo da tributación dos excesos de adxudicación achéganos á problemática que rodea as
disolucións ou extincións das situacións de condominio, tema complexo e extremadamente casuístico.
A discutida tributación das extincións de condominio deu lugar a diferentes pronunciamentos xudiciais,
e digo diferentes porque neles se deron distintas respostas, que encerran pola súa vez unha diversidade
de cuestións, ningunha delas exenta de polémica. Ao longo destas liñas centrareime principalmente na
postura dos tribunais á hora de resolver recursos contencioso-administrativos contra actos de natureza
tributaria onde a cuestión litixiosa xira arredor da tributación destas formas de pór fin a situacións de
copropiedade.
Detalles do artigo
																Palabras chave:
							
							
																	Tributación, 																	condominio, 																	extinción total, 																	 extinción parcial, 																	teoría translativa, 																	teoría especificativa, 																	 excesos de adxudicación, 																	 ITP, 																	IAXD															
						
								Dereitos de autoría
							
							
						
				Artigos máis leídos do mesmo autor/a
			
	
				
		 
						