As decisións da corte constitucional italiana en materia radiotelevisiva na década dos 80: crónica dun proceso de liberalización
Main Article Content
							Published: Mar 21, 2002
						
																		
						Issue: Vol. 1 No. 30 (2002)
				
					
															
				
								
			
			
			
							Abstract
						
						O réxime xurídico aplicable á actividade radiotelevisiva é unha cuestión candente nos nosos días. Neste novo século xa non se pode da-las costas a unha realidade como a dunha sociedade na que o fenómeno audiovisual xoga un papel fundamental e de crecente importancia na propia conformación do grupo. Xunto a este dato, que polo demais parece o incontestable punto de referencia, aparecen un elenco de cuestións de moi diversa índole, de entre as cales os estudiosos do dereito teñen que darlle resposta a algunhas de indubidable calado.
Article Details
																Keywords:
							
							
																	corte constitucional italiana, 																	materia radiotelevisiva, 																	liberalización, 																	réxime xurídico															
						 
						