A Defensoría Veciñal e o seu papel garante do bo goberno local
Contido principal do artigo
							Publicada: Mar 14, 2025
						
																			
						Páxinas: 29-54
					
								
						Número: Núm. 67 (2024)
				
					
															
				
								
			
			
			
							Resumo
						
						Este traballo versa sobre a utilidade que ten na Administración local a creación dunha Defensoría Veciñal, como unha ferramenta para previr actuacións arbitrarias que poidan levar a cabo o executivo municipal. Abórdase a regulación que permite a súa creación e como iso se viu ampliado pola lexislación autonómica. Así mesmo, estúdase o réxime xurídico de designación das defensorías, as competencias asignadas e os recursos que se puxeron á súa disposición. Todo iso, co obxecto de poñer en valor unha figura que, malia que descoñecida no ámbito local, pode axudar notoriamente a garantir o bo goberno nas entidades territoriais máis próximas á cidadanía.
Detalles do artigo
																Palabras chave:
							
							
																	defensoría veciñal, 																	bo goberno, 																	autonomía local, 																	incompatibilidades, 																	interese xeral, 																	defensor do pobo															
						
								Dereitos de autoría
							
							
						 
						