«En canto sexa adecuado á natureza da súa condición»: a converxencia de réxime xurídico entre funcionarios de carreira e funcionarios interinos
Contido principal do artigo
							Publicada: Mar 12, 2020
						
																			
						Páxinas: 5-27
					
								
						Número: Vol. 1 Núm. 58 (2019)
				
					
															
				
								
			
			
			
							Resumo
						
						O réxime xurídico dos funcionarios interinos viuse decisivamente afectado polo dereito europeo, en particular pola Directiva 1999/70 de traballo de duración determinada. Ao prohibir a discriminación nas condicións de traballo de traballadores temporais respecto aos traballadores indefinidos, os funcionarios interinos viron recoñecidos dereitos económicos e de carreira profesional que tradicionalmente lles eran negados. O Estatuto básico do empregado público define o réxime xurídico dos funcionarios interinos por remisión ao dos funcionarios de carreira “en canto sexa adecuado á natureza da súa condición”, expresión cuxo alcance cobra un novo sentido, tanto respecto ao seu contido como á súa interpretación.
Detalles do artigo
																Palabras chave:
							
							
																	Funcionario interino;, 																	funcionario de carreira;, 																	dereitos;, 																	carreira;, 																	Directiva 1999/70;, 																	estatuto básico;, 																	empregado público;															
						 
						