Entidades de certificación, entidades de colaboración e simplificación administrativa en Galicia
Contido principal do artigo
							Publicada: Mar 15, 2022
						
																		
						Número: Núm. 62 (2021)
				
					
															
				
								
			
			
			
							Resumo
						
						As entidades de certificación de conformidade municipal, creadas pola Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, a prol do mandato de simplificación de procedementos contido na Directiva de servizos da Unión Europea, experimentaron cambios substanciais a partir da aprobación da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a cal, pola súa vez, crea as entidades de colaboración ambiental. A ambas as dúas entidades dedica o seu obxecto este estudo, con atención aos seus antecedentes e á situación actual.
Detalles do artigo
																Palabras chave:
							
							
																	Simplificación de procedementos, 																	actividades empresariais, 																	entidades certificadoras, 																	entidades colaboradoras															
						
								Dereitos de autoría
							
							
						 
						