A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca a actividade de autoformación: Información ao cidadán e atención ás vítimas de delito, dirixido aos funcionarios da Administración de xustiza de Galicia destinados nas Oficinas de Asistencia á vítima e atención ao cidadán.
Información ao cidadán e atención ás vítimas de delito - Contidos
Prazas: 17
Modalidade: autoformación (contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección automática). O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado. Para obtelo o alumno deberá solicitar e superar unha proba de avaliación.
Matrícula: desde as 8 horas do 8 de outubro ata as 14 horas do 8 de novembro en
http://egap.xunta.gal/matricula
Máis información na
ficha do curso
Información ao cidadán e atención ás vítimas de delito - Proba de avaliación
Modalidade: presencial
Lugar: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo
Data: 9 de novembro (das 14 ás 15 horas)
Matrícula: desde as 8 horas do 8 de outubro ata as 14 horas do 14 de outubro en
http://egap.xunta.gal/matricula
Máis información na
ficha do curso
Máis información nos teléfonos 981 546 257 e 981 546 335.