Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Martes, 15 de Setembro de 2015.

    Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a  Escola Galega de Administración Pública pon en marcha 10 edicións e 300 prazas do nivel medio dos cursos Linguaxe administrativa galega e Linguaxe xurídica galega, para o persoal das administracións autonómica e de xustiza.


    As ditas actividades poderán solicitarse a través da Zona de matrícula desde as 8 horas do 16 de setembro ata as 14 horas do 25 de setembro.

    Tan só no caso de ser admitido na actividade será preciso achegar á EGAP unha copia escaneada da certificación que acredite a superación do curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

    Curso medio de linguaxe administrativa galega para o persoal que preste servizos na Administración autonómica de Galicia
    Destinatarios
    : empregados públicos destinados na Administración autonómica de Galicia e que se atopen en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.
    Modalidade: teleformación
    Edicións: 5
    Prazas: 30 por edición
    Horas: 75
    Máis información na ficha do curso

    Curso medio de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
    Destinatarios: maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Modalidade: teleformación
    Edicións: 3
    Prazas: 30 por edición
    Horas: 75
    Máis información na ficha do curso

    Curso medio de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia
    Destinatarios: xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.
    Modalidade: teleformación
    Edicións: 2
    Prazas: 30 por edición
    Horas: 75
    Máis información na ficha do curso

  • Recursos
  •   Convocatoria Linguaxe xurídica galega fóra da CA  
  •   Convocatoria Linguaxe xurídica galega dentro da CA  
  •   Convocatoria Linguaxe administrativa galega  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 391 de 1229
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212