Curso destinado a ofrecer coñecementos específicos sobre a protección das intervencións a través do dereito de patentes e dos modelos de utilidade. Esta actividade permitirá coñecer cales son os instrumentos xurídicos para defender un dereito de patente e identificar as actividades que se poden prohibir. Así mesmo, amosará os mecanismos xurídicos existentes para determinar quen é o lexítimo titular dunha patente e, de ser o caso, en que circunstancias se pode ceder ou licenciar o seu uso a terceiros.
Prazas: 50
(30 para empregados públicos e 20 para profesionais) para persoas en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico.
Matrícula: 250 euros
Inscrición: a través de http://egap.xunta.gal/matricula ata o 25 de maio. Ademais os solicitantes deberán enviar a novas.egap@xunta.gal o seu CV e unha carta de motivación.
Lugares: presencial na EGAP ou por videoconferencia desde a Xefatura Provincial de Vigo
Datas: os luns, martes e mércores do mes de xuño
Horario: de 16 a 20 horas
Máis información: http://egap.xunta.gal/fichacurso/index/8524/23968