A
Escola Galega de Administración Pública,a través da súa unidade de informática, achega ao persoal da Administración as novas tecnoloxías aplicadas á formación. Estas ferramentas gozan dun alto nivel estratéxico polo seu potencial para impulsar a modernización da formación e soster o desenvolvemento do ensino do empregado público galego.
Ademais, a unidade tamén ten o obxetivo de facilitar e automatizar o traballo do resto de servizos da
EGAP, colaborando intensivamente en:
- A xestión do coñecemento do centro.
- Tratamento automatizado de datos.
- Comunicacións internas e externas.
- Ferramentas de apoio á teleformación, coma as plataformas telemáticas.
- Ferramentas de apoio á formación presencial, instalando modernos medios técnicos.
- Gravación e recompilación dos materiais xerados pola EGAP para o seu tratamento e posterior publicación na web.
- Establecer os mecanismos necesarios para velar pola seguridade da información.
- Xestionar intercambios de datos entre diferentes organismos da Administración.
- Atender as solicitudes telemáticas dos alumnos presentadas a través do portal web da EGAP.
- Xestionar todos os sistemas informáticos nos que se apoia o sistema de información da EGAP.
De igual forma dende esta sección poñemos a disposición os seguintes recursos: