Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU09027 - Seminario: Como desenvolver unha estratéxia convincente para conseguir fondos da UE: Que deben ou non deben facer os actores locais e rexionais?
Imaxe Curso/Xornada

As axudas e programas da UE son, a través do principio de ( co-) financiamento, unha gran fonte de recursos para os municipios e rexións europeos. Cóntanse por centenares as axudas que a UE pon ao dispor dos actores rexionais e locais.
Neste sentido, o baúl dos fondos é grande, con espazo para os renovados instrumentos da política de cohesión (FEDER, FSE, FC), cun orzamento de máis de 308.000 MEUR (moi superior ao do período anterior); os do VII Programa Marco (53.000 MEUR); ou os doutras iniciativas quizais menos coñecidas ou novas como os programas ENPI, CIP, LIFE, ou moi específicas, como os novos instrumentos JASPERS, JEREMIE e JESSICA, que inclúen financiamento por institucións financeiras internacionais (ex. Banco Europeo de Investimento), ademais de moitos outros.
Sen dúbida o abanico é grande, ademais non esquezamos que existen elementos transversais, como é o caso da Estratexia para o crecemento e o emprego (a “Estratexia de Lisboa renovada”). Esta estratexia que se revisará baixo a presidencia Española o ano que vén condiciona o acceso ás axudas xa que, de fronte ao período 2007-2013, os seus obxectivos deben verse reflectidos (“ earmarking”/afectación) nas propostas que pretendan obter fondos da UE.
Por todo iso, desde o valor dos fondos ata o cambio de escenario que representa o período de programación 2007-2013, os actores locais e rexionais deben estar moi ben preparados para a ocasión. Cada programa ou iniciativa ten os seus propios obxectivos ou peculiaridades, pero no que se refire ás “regras básicas do xogo” (i.e. presentación da proposta ou ofertas, xestión do ciclo do proxecto, principios de visibilidade e facturación, etc.), os elementos converxen e poden ilustrarse baixo un patrón harmonizado.
Método de traballo e temas específicos tratados:
Utilizando varios métodos de traballo ( p.ex. relatorios e presentacións, incluíndo exemplos concretos, debates e exercicios interactivos en grupos sobre a preparación de casos reais que serán presentados a un panel de avaliación), este seminario tratará varios temas e proverá aos participantes de consultas e técnicas prácticas, así como intercambio de experiencias para que lles sexa posible entregar unha proposta convincente, establecer socios e estratexias locais e rexionais sostibles e aliñalas sobre os obxectivos de Lisboa, crear capacidades e comunicar os resultados, e de aquí desenvolver proxectos con valor engadido para o seu territorio. Desta maneira permitirá pois aos participantes locais e rexionais de Galicia coñecer en pouco tempo os máis relevantes principios e regulas directrices a seguir cando un ten que preparar unha oferta para obter fondos da UE e incrementar a súa capacidade de absorción.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
EUROPA
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
30/11/2009
Fin
02/12/2009
Prazas
40
Programa
Inauguración
Luns, 30 de Novembro de 2009.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A nube e as súas implicacións para a política e a Administración.
Luns, 30 de Novembro de 2009.

Mostra de como aplicar de maneira útil a nube nas administracións públicas, usando como exemplo a experiencia do Congreso dos Deputados.

Resúmense as vantaxes que supón o cloud computing, entre as que destaca o pago por uso, unha maior racionalidade no emprego dos recursos, a creación dun estándar que permita a homoxeneización dos diferentes departamentos e unha evolución máis fácil que permite cambios máis rápidos e sinxelos. Entre os inconvenientes destacan os problemas co largo de banda, a protección dos datos e a sensación de pouca seguridade.

Tamén se expoñen as esixencias para empregar o cloud computing na administración, xa que hai que definir unha nova infraestrutura e dimensionala de maneira adecuada para evitar a falla ou o exceso de capacidade, e contar con técnicos capacitados e con coñecementos sobre a nube.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

O marco financeiro 2007-2013: programas e fondos da UE.
Luns, 30 de Novembro de 2009.

Modificacións e novidades dos programas e fondos da EU previstos para os anos 2007-2013.

Os estados deben centrarse máis na innovación, en usar os fondos da UE para xerar ideas novas e non só realizar programas.

Xerar grupos de excelencia.

– as políticas de cohesión dos fondos (estruturais e de cohesión), a investigación e a innovación os os tres instrumentos financeiros claves que ten a UE.

Políticas de cohesión e fondos estruturais

– reducir as diferencias entre as rexións dentro dos mesmos países – evitar o atraso das rexións menos favorecidas

-conseguir a converxencia, a competitividade e a cooperación territorial.

-explicación da nova arquitectura da política de cohesión.

Tipos de cooperación: fronteiriza, transnacional e interrexional  teñen ocmo obxectivo lograr maior visibilidade

O sétimo programa marco (FP7) – establecer unha área común de investigación en Europa con obxectivos comúns e fondos comúns.

O programa de competitividade e innovación (PCI)

Apoio financeiro --A ANÁLISE detallada de todos os fondos financeiros existentes na UE para o desenvolvemento de proxectos.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212