Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de xestión de implantación da administración electrónica nas entidades locais

    Cursos / Venres, 29 de Xullo de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca un curso para que o alumnado coñeza e valore que supón a Administración electrónica, tanto desde o punto de vista das implicacións na xestión e dos procedementos e as relacións cos cidadáns como desde a perspectiva tecnolóxica.


    Co curso preténdese familiarizar o alumnado coas principais normas relacionadas coa Administración electrónica e expoñer as principais actividades prácticas relacionadas co uso da sinatura electrónica e a prestación de servizos administrativos no contexto da Xunta de Galicia.

    CV16026: Implantación da Administración electrónica na Administración local
    Destinatarios: persoal informático ao servizo da Administración local. De non cubrir as prazas con este colectivo, poderán optar ao curso o resto de empregados públicos da Administración local que no desenvolvemento das súas funcións teñan responsabilidades de xestión en procedementos administrativos, susceptibles de ser enfocados desde a Administración electrónica.
    Modalidade: teleformación
    Duración: 30 horas
    Prazas: 50
    Datas: do 26 de setembro ao 26 de outubro de 2016
    Proba final presencial: 28 de outubro en horario de mañá, en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
    Inscrición: das 8 horas do 30 de xullo ata as 14 horas do 8 de agosto en http://egap.xunta.gal/matricula
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 504 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212