Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Segunda convocatoria de actividades para o persoal da Administración local

    Cursos / Venres, 1 de Xullo de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG do 1 de xullo, un total de 27 novas actividades e 920 prazas destinadas aos empregados públicos ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como aos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia.


    Presentación de solicitudes: desde as 8 horas do 2 de xullo ata as 14 horas do 11 de xullo na Zona de matrícula da EGAP

    Dentro do prazo de presentación de solicitudes, os solicitantes deberán presentar na EGAP o certificado expedido polo órgano responsable de persoal indicando a súa situación administrativa e a antigüidade na Administración.

    O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.

    Máis información no DOG núm. 124
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 500 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212