Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    VII Curso superior de formación do técnico na Administración local

    Cursos / Mércores, 29 de Xuño de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública, a Dirección Xeral de Administración Local, a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia organizan un curso co obxectivo de incidir na formación específica daquelas materias de especial importancia para o desenvolvemento das actividades laborais dos técnicos da Administración local.


    Duración: 120 horas
    Datas: do 9 de setembro ao 17 de decembro
    Horario: os venres das 16.00 ás 20.30 horas e os sábados das 9.30 ás 14.00 horas.
    Prazas: 50
    Destinatarios: O 30 % das prazas (15) ten como destinatarios os empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica coma local, e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico que se encadren nalgunha das seguintes categorías: grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario ou grupos I e II do persoal laboral.
    O 20 % das prazas (10) ten como destinatarios profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
    O 40 % das prazas (20) ten como destinatarios enxeñeiros de camiños, canais e portos colexiados.
    O 10 % das prazas (5) ten como destinatarios estudantes de enxeñaría de camiños, canais e portos ou do máster de enxeñaría de camiños, canais e portos precolexiados.
    Matrícula: as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da EGAP desde o 30 de xuño ata o 20 de xullo ata as 23 horas. As persoas admitidas deberán achegar á EGAP a documentación especificada no DOG.
    Prezo da matrícula: entre 900 e 1200 euros
    Máis información no DOG núm. 122
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 497 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212