A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Sociedade Pública de Investimentos de Galicia S.A., organiza unha xornada sobre a calidade e innovación, o camiño para reducir custos e incertezas no proceso construtivo que terá lugar o vindeiro 27 de maio en Santiago de Compostela.
Os obxectivos desta xornada son reducir os custos na cimentación empregando técnicas innovadoras na realización do estudo xeotécnico, deseñar a cimentación do edificio en fase de redacción do proxecto para prever e reducir a radioactividade natural das vivendas en zonas proclives e explicar e fomentar as técnicas que existen na actualidade para avaliar o estado das edificacións e as súas patoloxías.
Esta actividade vai dirixida a arquitectos, arquitectos técnicos e técnicos en xeral das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, profesionais e persoas interesadas en xeral.
Lugar: salón de actos da EGAP
Data: 27 de maio de 2016
Horario: mañá
Duración: 4 horas lectivas
Inscrición: desde o 14 de maio ata o 25 de maio ás 23 horas na
Zona de matrícula da EGAP
Máis información na
ficha da xornada