A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, convoca no DOG núm. 191, do 6 de outubro, un curso sobre a capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais.
Obxectivos: capacitar o persoal que opte a postos de inspección de servizos sociais ou que lle preste apoio nos coñecementos específicos dos diferentes ámbitos de actuación e nas habilidades necesarias para o correcto desenvolvemento destas funcións.
Destinatarios: persoal funcionario dos grupos A1, A2 e C1 e persoal laboral dos grupos I e II, preferentemetne con titulación universitaria (licenciatura ou grao correspondente) en dereito, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, educación social, relacións laborais, traballo social, ciencias políticas ou socioloxía.
Modalidade: mixta
Duración: 120 horas (45 presenciais e 75 en teleformación)
Prazas: 40
Datas: do 29 de outubro ao 3 de decembro
Horario: as clases presenciais terán lugar entre o 29 de outubro e o 27 de novembro, en horario de mañá e tarde
Proba final presencial: 3 de decembro
Inscrición aberta entre as 8 horas do 7 de outubro e as 14 horas do 16 de outubro en
http://egap.xunta.gal/matricula
Máis información na
ficha do curso e no
DOG do 6 de outubro