Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Escola convoca actividades formativas para o persoal dos entes e institucións públicas de Galicia

    Cursos / Xoves, 1 de Outubro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG nº 188, do 1 de outubro, accións formativas destinadas aos empregados públicos que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na liña a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua.


    Actividades na modalidade de teleformación

    Nome do curso Prazas Horas
    Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia 50 20
    A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio 50 25
    Certificado dixital 50 30
    Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010) 50 30
    Sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico (Windows) 50 30

    Poderán presentarse solicitudes desde as 8 horas do 2 de outubro ata as 14 horas do 13 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula Ademais, será preciso achegar á EGAP por correo electrónico (xestion.egap@xunta.gal), fax (981 546 339) ou rexistro:
    • Unha copia do formulario de solicitude
    • Un certificado expedido polo responsable de persoal no que indique o tipo de persoal, a situación administrativa e a antigüidade na Administración.
    • De ser o caso, a documentación complementaria que acredite circunstancias específicas (certificado de discapacidade, permiso de maternidade, etc.)
    Todas as actividades de formación teñen unha proba de avaliación final presencial cuxa data e hora aparece reflectida na convocatoria.

    Actividades na modalidade de autoformación

    O persoal que desexe participar no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP e por outra pode solicitar presentarse ás probas de avaliación. Polo tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco requisito para matricularse nelas.

    Nome do curso Prazas proba Horas
    A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos 100 25
    Xénero e igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa 100 25
    As subvencións. Regulación estatal e autonómica 100 40
    Cambio e motivación nas organizacións 100 15
    Iniciación á administración electrónica. Seguranza da información e protección dos datos 100 20
    Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación 100 20
    Responsabilidade patrimonial da Administración pública 100 25
    Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos 100 15

    O acceso aos contidos estará dispoñible ata o 30 de decembro de 2015 mediante a súa solicitude en http://egap.xunta.gal/matricula Os contidos poderán ser consultados en http://egap.xunta.gal/aulavirtual ata o 30 de decembro de 2015.

    Para acceder ás probas de avaliación será preciso matricularse entre as 8 horas do 15 de outubro e as 14 horas do 30 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula Poderase solicitar a inscrición nun máximo de tres probas de avaliación. Neste caso tamén será preciso achegar á EGAP por correo electrónico (xestion.egap@xunta.gal), fax (981 546 339) ou rexistro:
    - Unha copia do formulario de solicitude
    - Un certificado expedido polo responsable de persoal no que indique o tipo de persoal, a situación administrativa e a antigüidade na Administración.
    - De ser o caso, a documentación complementaria que acredite circunstancias específicas (certificado de discapacidade, permiso de maternidade, etc.)


  •   Anterior Seguinte  
    Pax 400 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212