Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Escola Galega de Administración Pública pon en marcha 10 edicións e 300 prazas do nivel medio dos cursos Linguaxe administrativa galega e Linguaxe xurídica galega, para o persoal das administracións autonómica e de xustiza.
As ditas actividades poderán solicitarse a través da
Zona de matrícula desde as 8 horas do 16 de setembro ata as 14 horas do 25 de setembro.
Tan só no caso de ser admitido na actividade será preciso achegar á EGAP unha copia escaneada da certificación que acredite a superación do curso Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, o curso básico de linguaxe administrativa galega, o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.
Curso medio de linguaxe administrativa galega para o persoal que preste servizos na Administración autonómica de Galicia
Destinatarios: empregados públicos destinados na Administración autonómica de Galicia e que se atopen en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.
Modalidade: teleformación
Edicións: 5
Prazas: 30 por edición
Horas: 75
Máis información na ficha do curso
Curso medio de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
Destinatarios: maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Modalidade: teleformación
Edicións: 3
Prazas: 30 por edición
Horas: 75
Máis información na ficha do curso
Curso medio de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia
Destinatarios: xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.
Modalidade: teleformación
Edicións: 2
Prazas: 30 por edición
Horas: 75
Máis información na ficha do curso