Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Xoves, 3 de Setembro de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención S.L.U organízase un curso sobre Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.


    Esta actividade vai dirixida ao persoal que presta servizos nos seguintes organismos: ISSGA de Lugo, SMAC de Lugo, Servizos Veterinarios Oficiais de Saúde Pública de Lugo, Audiencia Provincial de Lugo, Xulgados de Lugo, Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, Laboratorio de Saúde Pública e Laboratorio de Sanidade e Produción Animas de Galicia de Lugo.

    Para inscribirse no curso deberán facelo a través da zona de matrícula da EGAP http://egap.xunta.gal/matricula desde as 08.00 horas do día 4 de setembro ata as 14.00 horas do día 14 de setembro de 2015

    Código: CV15036 Nome: Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación Edicións: 3 Duración: 12 horas Prazas: 30 por edición Modalidade: presencial Lugar: Centro Territorial do ISSGA en Lugo, Ronda de Fingoi núm. 170 Datas e horario: 1º edición, 17 e 18 de setembro; 2º edición, 24 e 25 de setembro e 3º edición, 1 e 2 de outubro. De 08:30 a 14:30 horas.

    Para máis información: 981 546 257 e 981 546 335 ou no enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 386 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212