Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca un curso monográfico sobre O Dereito administrativo da crise

    Xornadas / Luns, 7 de Setembro de 2015.

    A situación económica que estamos atravesando nos últimos anos motivou unha profunda reflexión sobre a estrutura, competencias e ética na forma de prestar os seus servizos as administracións públicas. Como consecuencia de todo isto, revisáronse un bo número de normas e publicáronse outras que incorporaron innovadoras apostas por mellorar o funcionamento das nosas administracións. A profunda revisión da normativa vén reclamando unha análise polo miúdo das principais novidades.


    Por estes motivos, o monográfico convocado pola EGAP, en colaboración coa Fundación Santiago Rey Latorre, pretende dar a coñecer as principais modificacións producidas no Dereito administrativo, afondando na súa análise e obtendo as conclusións necesarias para a súa mellor aplicación.

    Esta actividade vai dirixida aos empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

    Datas: 24 e 25 de setembro
    Duración: 12 horas lectivas
    Horario: día 24 horario de mañá e tarde, día 25 horario de mañá
    Lugar: Santiago de Compostela (sede da EGAP, rúa Madrid 2-4)
    Matrícula: ata o 22 de setembro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: PU15012

  • Recursos
  •   Programa do curso  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 383 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212