Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP abre o prazo de matrícula do Plan de formación en atención temperá 2015

    Cursos / Xoves, 25 de Xuño de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública e as consellerías de Traballo e Benestar, Sanidade e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da sinatura dun convenio de colaboración, poñen en marcha o Plan de formación en atención temperá para o ano 2015, ofertado a través da Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar para o persoal dependente das anteditas consellerías así como para o persoal do Servizo Galego de Saúde e dos servizos sociais comunitarios que estean vinculados profesionalmente con servizos e recursos de atención temperá.


    Xornadas informativas
    Póñense en marcha catro xornadas informativas para dar a coñecer o novo marco normativo da atención temperá en Galicia e o protocolo de coordinación, dirixidas a empregados públicos das consellerías de Traballo e Benestar; Sanidade; e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que interveñan con menores de 0-6 e profesionais dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos que interveñan con familias e menores.

    As xornadas terán lugar, en horario de mañá, en Santiago de Compostela (24 de setembro), Lugo (30 de setembro), Ourense (6 de outubro) e Pontevedra (8 de outubro).

    Para inscribirse será preciso presentar a solicitude a través da Zona de matrícula da EGAP ata o 31 de xullo.

    Máis información na ficha do curso (CV15025).

    Cursos
    Ademais, a EGAP convoca un curso sobre A coordinación dos servizos sociais comunitarios, da atención primaria de saúde e do sistema educativo coa rede de atención temperá de Galicia e outro sobre O proceso de actuación en atención temperá: a intervención técnico-profesional. Ambos os dous terán lugar en Santiago de Compostela, na sede da EGAP, entre os meses de outubro e novembro.

    Para inscribirse será preciso presentar a solicitude a través da Zona de matrícula da EGAP ata o 31 de xullo.

    Máis información nas fichas dos cursos (CV15024 e CV15026).
  • Recursos
  •   Plan de formación en atención temperá 2015  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 373 de 1236
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212