Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca 600 prazas de cursos de idiomas para o persoal da Administración autonómica

    Cursos / Xoves, 19 de Marzo de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de lingua inglesa, francesa e portuguesa destinados aos empregados públicos destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Así mesmo, os empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas autonómicas poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.


    As actividades formativas de lingua inglesa e lingua alemá na modalidade de teleformación que aparecen reflectidas no plan de formación continua serán obxecto de convocatoria independente.

    Matrícula: en http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8 horas do 20 de marzo ata as 14 horas do 29 de marzo
    Solicitudes: un máximo de tres por persoa
     
    Durante o prazo de presentación de solicitudes porase a disposición do alumnado unha proba de nivel orientativa para axudarlle na escolla do curso. Para acceder á dita proba pode facelo accedendo á aula virtual da EGAP no enderezo https://egap.xunta.gal/aulavirtual/ utilizando o mesmo usuario e contrasinal que na zona de matrícula.
     
    Ademais, cómpre destacar que os exames finais dos cursos na modalidade de teleformación serán presenciais, en Santiago de Compostela nas datas indicadas no anexo II.
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 330 de 1209
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212