Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Os expertos apostan pola prevención e a formación nos valores éticos para evitar as prácticas ilícitas na administración pública

    Cursos / Xoves, 27 de Novembro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá o inicio do curso ´Ética pública e medios para previr a corrupción’, organizado en conxunto entre este organismo e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, no que participan preto de 90 persoas.


    Durante o acto, a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, incidiu na necesidade de buscar solucións urxentes para erradicar a corrupción, un problema que preocupa moito á cidadanía e que afecta á Administración. “Corresponde aos políticos abordar con profundidade e rigor este problema, que esixe a adopción das medidas oportunas para mellorar os sistemas de control e combater a corrupción en todos os niveis”.

    Neste sentido, Rodríguez-Campos subliñou que “se impón priorizar esa batalla na axenda política e facer unha análise da situación rigorosa, responsable e pausada, ao obxecto de adoptar medidas eficaces para actuar contra a corrupción en calquera das súas manifestacións”.

    Finalmente, a directora da EGAP confiou en que os coñecementos acadados neste curso “contribuirán a crear unha sólida cultura ética nas distintas organizacións públicas e, en definitiva, a loitar entre todos contra a corrupción”.

    Durante a mañá, tamén participaron no inauguración José Francisco Sánchez, director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre; Enrique Orts Berenguer, catedrático de Dereito penal da Universidade de Valencia; así como o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, e o prestixioso filósofo da Universidade de Navarra, Alejandro Llano Cifuentes, que foi o encargado de dar a conferencia inaugural.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 311 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212