Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada sobre Intimidade, imaxe e medios de comunicación públicos

    A Escola / Mércores, 15 de Outubro de 2014.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada na que se abordarán, entre outras cuestións, o dereito á información e os seus límites, o emprego de datos, imaxes ou comentarios extraídos da rede con fins informativos ou de investigación xornalística, os xuízos paralelos e os límites da publicidade procesual, o tratamento informativo en relación coas vítimas e o populismo mediático.


    Esta xornada vai dirixida principalmente a profesionais dos medios de comunicación con responsabilidade nas áreas de Dirección, Recursos Humanos, Comunicación, Servizos de Información, redactores e directivos ou outras persoas relacionadas con este campo das comunicacións, así como interesados en xeral.

    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Data: 28 de outubro de 2014
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 8 horas lectivas
    Matrícula: ata o 26 de outubro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: PU14015
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 298 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212