A EGAP convoca 27 actividades formativas para o PAS das universidades galegas
Cursos / Martes, 2 de Setembro de 2014.
A Escola Galega de Administración Pública pon en marcha por vez primeira actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades de A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.
A matrícula nestas actividades formativas só se poderá realizar a través da Zona de matricula da EGAP ata as 14.00 horas do día 12 de setembro, agás nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que comeza ás 8.00 horas do 29 de setembro e rematará ás 14.00 horas do 8 de outubro.
Para que a solicitude quede aceptada é preciso remitir á EGAP a seguinte documentación:
-
Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique o tipo de persoal, situación administrativa e a antigüidade na Administración.
-
Documento acreditativo de discapacidade de igual ou superior ao 33% (se procede).
-
Documento acreditativo de permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar nos últimos dous anos (se procede).
Esta documentación deberá achegarse a través do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal ou do número de fax 981 54 63 39.