A Escola Galega de Administración Pública, dentro do Plan de Formación do 2013 para o persoal da Administración autonómica, convoca 1500 prazas de acceso libre das materias integradas no Plan formativo ofimático de Galicia.
O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación destas materias permitiralles aos alumnos obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, segundo o establecido no Decreto 218/2011, do 17 de novembro.
Número de prazas: 1500
Destinatarios: empregados públicos destinados na Administración autonómica de Galicia en situación de servizo activo
Datas das probas: 11, 12, 13, 14, 19 e 20 de novembro
Horario das probas: ver convocatoria
Lugar: sede da EGAP, Santiago de Compostela
Matrícula: https://egap.xunta.gal/matricula/
Prazo de matrícula: desde as 8 horas do 18 de xullo ata as 14 horas do 27 de xullo
Número máximo de solicitudes: cinco (será excluídos automaticamente aqueles solicitantes que presenten solicitudes para máis de cinco probas).