Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Grao e máster oficial online sobre Dirección pública na Universidade de Vigo

    A Escola / Martes, 30 de Abril de 2013.

    A Universidade de Vigo ofrece, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus de Pontevedra), a titulación oficial de Grao en Dirección e Xestión pública, orientada á dirección e xestión de organizacións públicas e de organizacións privadas que teñan relación coas Administracións públicas.


    O enfoque baixo o cal se imparte é multidisciplinar, incluíndo materias que van desde a ciencia política, a ciencia da Administración, o Dereito público ou a economía ata a contabilidade, a socioloxía ou o marketing.

    Este grao ten unha duración de catro anos (240 créditos ECTS) e unicamente se admiten 45 prazas no primeiro curso, destacando que boa parte da docencia ten lugar en grupos reducidos de 10 alumnos. Ademais, a Universidade dá a posibilidade de validar ata un 15% dos créditos por experiencia laboral e profesional, admitíndose tamén a matrícula parcial - cursando só as materias que lle interesen ao estudante e ofrecéndolle facilidades para a semipresencialidade-.

    Este plan de estudos inclúe a posibilidade de realizar prácticas en institucións, empresas e organizacións públicas e de viaxar a distintas Universidades europeas e americanas a través de diversos programas de intercambio. (Máis información en http://csc.uvigo.es/index.php/direccion-e-xestion-publica ou en http://bit.ly/13efFMt.)

    Así mesmo, no vindeiro curso terá lugar a terceira edición do primeiro Máster oficial da Universidade de Vigo totalmente online: o Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional. Esta titulación, impartida por expertos de oito universidades públicas, pretende que os estudantes logren un alto nivel na función directiva no ámbito público, dirixíndose, principalmente, aos grupos A1 e A2 da Xunta de Galicia e das administracións locais galegas. A súa duración é dun ano (60 créditos ECTS) e soamente se admiten 20 prazas. Pode consultarse o programa completo e obter máis información en http://masterdireccionyliderazgo.com/.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 151 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212