A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), pon en marcha o III Curso de administración electrónica. Esta actividade ten como obxectivo afondar, desde unha perspectiva técnico-xurídica, na concepción da Administración electrónica, incidindo na importancia que ten a súa implantación nas distintas administracións galegas.
Destinatarios: persoal das administracións públicas de Galicia que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico que pertenzan ao grupo A; aos grupos I e II do persoal laboral; ao grupo C ou grupo III (imprescindible ter título de ciclo superior de formación profesional relacionado coa informática); ou o persoal eventual que acredite a súa condición co correspondente nomeamento específico. O persoal contratado polas administración públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como os profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
Número de prazas: 50
Datas: da segunda quincena de abril á primeira quincena de xullo
Matrícula: entre 350 e 500 euros
Prazo de matrícula: ata o 3 de abril
Inscrición:
https://egap.xunta.gal/cursoadmonElectronica/
Máis información: 981 546 239, 981 546 241 e 881 997 014
Ficha do curso:
III Curso Superior de Administración Electrónica