Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Publicadas as listaxes de solicitudes admitidas aos cursos para obter o diploma de directivo

    Cursos / Martes, 22 de Xaneiro de 2013.

    Tal e como se establece na convocatoria, as persoas que figuran como admitidas deberán achegar por vía telemática unha copia compulsada de toda a documentación a fin de acreditar os méritos alegados na instancia presentada.


    A páxina web da EGAP publica as listaxes de solicitudes admitidas aos cursos de obtención do diploma de directivo ou directiva, tanto no ámbito da Administración autonómica coma local. Para acceder a estes documentos é preciso consultar as fichas dos cursos no apartado de Formación – Cursos – Listado de cursos ou buscar directamente os códigos PU13002 (para a Administración autonómica) e PU13003 (para a Administración local).

    Cómpre lembrar que, para cumprir o sinalado nas respectivas convocatorias e poder continuar co proceso de selección, as persoas que figuren nestas listaxes deben enviar ao correo electrónico novas.egap@xunta.gal unha copia compulsada de toda a documentación que acredite os méritos alegados na instancia anteriormente presentada. De ser o caso tamén se debe incluír a memoria.

    O prazo límite para entregar a documentación remata o día 26 de xaneiro.

    Máis información nos teléfonos 981 546 239 e 881 997 251

    Enlace para acceder a toda a información do curso (Administración autonómica)

    Enlace para acceder a toda a información do curso (Administración local)
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 116 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212