O DOG de hoxe, 7 de xaneiro, publica a convocatoria de dous cursos para obter o diploma de directiva ou directivo da Xunta de Galicia; un deles destinado ao persoal da Administración autonómica e outro dirixido ao das entidades locais.
Esta actividade é un eixe fundamental para impulsar a modernización e a reforma da Administración, o cal significa optimizar a eficacia e a eficiencia da súa actividade xestora e prestacional. Por este motivo, o dito curso convértese nunha formación imprescindible para adquirir as competencias e habilidades necesarias para o exercicio apto e responsable de funcións directivas.
O primeiro dos cursos para obter o diploma de directiva ou directivo vai destinado ao persoal funcionario, ao persoal laboral fixo, ao persoal sanitario e ao persoal docente ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso do segundo, os destinatarios son os empregados públicos das entidades locais galegas.
Cada un dos cursos terá unha duración de 300 horas, das cales 100 correspóndense coa docencia presencial, 100 coa docencia online e 100 cun traballo en equipo titorizado. Para elaborar este traballo os alumnos deberán preparar e defender publicamente unha análise sistemática dun departamento ou organización pública que inclúa unha proposta de mellora e un plan estratéxico.
Matrícula:
http://egap.xunta.gal/cursoDirectivos
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 8 ao 17 de xaneiro (incluído)
Máis información: novas.egap@xunta.gal
Fichas dos cursos:
-
Curso para a obtención do diploma de directiva ou directivo no ámbito da Administración autonómica de Galicia.
-
Curso para a obtención do diploma de directiva ou directivo no ámbito da Administración local de Galicia.