Achégase a versión en galego do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e que substitúe á Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, seguindo as notas aclaratorias sobre as normas de dereito positivo publicadas pola Dirección Xeral de Función Pública. Os temarios que se modifican son os seguintes:
Os temarios pódense consultar no apartado EGAP A MÁIS
Segundo o publicado nas convocatorias destes procesos selectivos, procedemento de oposición, teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente. Recórdase aos interesados que o Real Decreto Lexislativo 3/2011 foi modificado pola Orde EHA/3479/2011, do 19 de decembro, pola que se publican os límites dos distintos tipos de contratos para efectos da contratación do sector público a partir do 1 de xaneiro de 2012. O texto actualizado pode consultarse no apartado de EGAP A MÁIS, Lexislación xeral dos temarios.