- Transmitir a necesidade da renovación e rehabilitación urbana como unha alternativa ao modelo de crecemento urbano sen límites.
- Dar a coñecer unha metodoloxía exitosa para a realización das Memorias-programa para a petición de ARI´S.
- Mostrar como conseguir unha xestión eficiente dos programas de rehabilitación para lograr que poidan levar a cabo con éxito, tanto desde unha perspectiva de protección patrimonial como das solucións ás problemáticas nas vivendas que necesitan rehabilitación.
- Coñecer principios básicos dos Sistemas de Información Xeográfica para o seu emprego como ferramenta para a elaboración das Memorias-programa e na xestión da rehabilitación.
- Transmitir criterios baseados na experiencia para a elaboración de ordenanzas e bases de axudas públicas para a revitalización e rehabilitación de áreas urbanas.
- Coñecer exemplos exitosos de intervención e de organismos que xestionan esas intervencións: Consorcio de Santiago de Compostela, Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago de Compostela (OCHIR), Oficina de Rehabilitación do Concello de Ourense.
SANTIAGO |