A biblioteca da EGAP sitúase no primeiro andar do edificio. Está aberta ao público en xeral e nela pódense consultar fondos bibliográficos especializados relacionados coa Administración pública, o dereito, a socioloxía, os idiomas, a economía e a estatística.
Para consultar o catálogo da biblioteca da EGAP prema
aquí.
Ademais das consultas, permítense os préstamos a domicilio de monografías. Para solicitalos é preciso contar cunha carta de lector que se expedirá na biblioteca despois de cubrir un formulario e presentar unha copia do DNI. Cada lector pode retirar un máximo de tres libros durante 15 días, que serán prorrogables por outros 15 se se solicita por teléfono (981 546 324) ou por correo electrónico (ebibliot

xunta.es). Existe a posibilidade de renovalos outros 15 días máis coa condición de que non haxa reservas.
Todos os usuarios teñen á súa disposición dous ordenadores na sala de lectura nos que se permite o acceso a internet e a consulta de material audiovisual.
HORARIOS
De luns a venres de 08.00 a 15.00 horas
Luns de 16.30 a 19.30 horas