Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imaxe benchmarking 1   Imaxe benchmarking 2   Imaxe benchmarking 3  

    As administracións públicas operan cada vez máis en contornos cambiantes e competitivos, de xeito que precisan unha permanente adaptación e anticipación que lles permita afrontar os retos que se lle presentan con garantías de éxito.

    A comparación e o estudo da maneira de proceder doutras entidades de referencia é unha técnica de alto interese para a mellora continua da EGAP.

    ¿Que é o Benchmarking?
    Aprender doutros a través dun proceso sistemático e continuo de avaliación dos procesos e servizos que levan a cabo organizacións recoñecidas como representantes das mellores prácticas. Isto permite identificar a maneira máis adecuada de executar boa parte dos procesos ou servizos que son comúns a distintas organizacións.

    ¿Cal é a súa finalidade?
    O obxectivo último que se persegue é a realización das actividades propias da escola mediante a posta en marcha das melloras oportunas a partir do aprendido doutras entidades públicas, foros ou comunidades. Para que as actuacións de benchmarking produzan os resultados esperados é preciso que se fundamenten nas premisas de aprendizaxe compartida, cooperación e respeto polo traballo desenvolto polas demais persoas.

    Algunhas actuacións levadas a cabo pola EGAP
    Entre os contactos con entidades homólogas noutras CCAA é posible referir as seguintes:
    • Instituto Vasco de Administración Pública (IVAP).
    • Escuela de Administración Pública de Castilla y León (ECLAP).


    Por outra parte, a EGAP incrementou a súa presenza en foros e xornadas destinadas a abordar a temática da Calidade na Administración Pública, como por exemplo:
    • Tercer Congreso de Excelencia en la Gestión en las Administraciones Públicas. Organizada por Q-EPEA (grupo de entidades públicas do País Vasco comprometidas coa procura da excelencia na xestión). Donostia, 3 e 4 de xuño de 2010.
    • VI Jornadas de Modernización y Calidad. Situaciones difíciles, soluciones innovadoras. Organizada polo Concello de Málaga e a Federación Española de Municipios y Provincias, en colaboración coa Agencia de Evaluación y Calidad e a Asociación Española para la Calidad. Málaga, 22 e 23 de abril de 2010.


    O Código de conduta europeo para benchmarking constitúe unha ferramenta para avanzar na profesionalidade e na eficacia das actividades de aprendizaxe. Está baseado no código de conduta de APQC / SPI, promovido polo Centro Internacional de Benchmarking.
  • Recursos
  •   Código de conduta europeo para Benchmarking  
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia