A
EGAP traballa para ofrecer aos seus usuarios/as unha formación de calidade, fundamentada nun modelo integral de avaliación no que se conxugan tres eixes cruciais:
- Necesidades de formación dos empregados/as públicos/as.
- Satisfacción inmediata dos usuarios/as dos servizos da EGAP.
- Determinación do impacto da formación, tanto no desenvolvemento persoal dos destinatarios/as como na mellora da prestación dos servizos públicos.
A recollida sistemática deste tipo de información permite diagnosticar as debilidades e as fortalezas dos plans de formación, e posibilita a mellora continua no deseño dos plans formativos, tomando en consideración o contexto no que se desenvolven.
Para acadar unha formación eficaz é necesario contar cunha metodoloxía que oriente a elaboración e o deseño dos plans, así como a súa aplicación e seguimento.
- Neste senso, esíxese unha análise permanente de necesidades que dean resposta ás seguintes cuestións: quen debe formarse, en que áreas, cando e onde.
- Coa aplicación e seguimento dos plans o obxectivo é garantir a rendibilidade do esforzo investido. Para isto faise imprescindible avaliar os beneficios que as actividades formativas producen nos propios empregados/as públicos/as e no funcionamento da Administración.